Rabuñan a alaranxada prata
bicos da flor do toxo.
Róubanlles os ventos mareiros
os rumoreos últimos do sal;
das gorxas, os derradeiros choros.
E van acariciar os beizos
abertos nas noites escuras.
E agardando fican as estrelas,
polo lume nos peitos,
a humidade esquecida coa lúa.
Sopran azul dos seus raios
nas pestanas namoradas do ceo,
mergulladas no xeo alborado,
perladas de ardentes cristais,
ansiando voar do frío cemento.
Que afoga as gargalladas ó Sol
ó non mirar nas mañás os campos,
surcados por brazos de ferro,
rachados de valeiro sen tempo
e o gris sen laranxas,
sen estrelas,
Gústame, gústame moito. O xogo de cores é xenial e esa sorte de poema "por etapas"... encántame. As imaxes, moi ben escollidas, de verdade.
ResponderEliminarQueda dicir que me sorprendeu o novo deseño do blog, que xenial ver ao gran Hernández por aquí :D
Moitas gracias, Luisa. A verdade é que estaba un pouco cansa do anterior deseño, facíalle falta unha renovación a isto!
ResponderEliminarUn tal Jaime "procedente" de Aragón me recomendó este sitio y aunque no haya entendido al 100% el poema he de decir que me ha encantado, como me han encantado tus recomendaciones musicales...
ResponderEliminarSi puedes pásate y si no, escribe para que yo lea más... http://www.elheroedewilde.blogspot.com/
A mí Jaime también me ha recomendado tu blog, y tengo que felicitarte, me ha gustado mucho, ¡te has ganado una seguidora más!
EliminarPor cierto, muy buen gusto musical.