15. Alén da Terra, alén do Infinito,
eu procuraba enxergar o Ceo e o Inferno.
Unha voz solemne díxome:
"O Ceo e o Inferno están dentro de ti."
20. Foxen os nosos días rápidos coma auga do río
ou vento do deserto.
No entanto, dous días déixanme indiferente:
o que pasou onte e o que virá mañá.
27. Admitamos que teñas resolvido o enigma da criación.
¿Cal é o teu destino?
Admitamos que teñas podido desvelar a Verdade.
¿Cal é o teu destino?
Admitamos que teñas vivido cen anos, feliz, e que vivas outros cen.
¿Cal é o teu destino?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Qué te parece?