martes, 29 de diciembre de 2015

volta a casa





(na viaxe)

sucede a volta a casa como un acto de cobardía 
premeditada


                        chegadaapertaencontro
                        estadíapermanenciadíasdíasdías


(benvida:)

unha volta sentida
se cadra esperada


                        bicosbicosbicos
                        bicos despois
                        de tanto tempo


(e a convivencia)

e comigo
o meu cinismo desacougante
ridiculizador


                        eassemanasassemanastodosxuntos
                        semanasporfinreunidos
                        nacasa





despois dos meses cada retorno é o cambio dun mundo

a chegada
a unha cidade a unha casa coñecidas pero
de súpeto
ateigadas de espellos

espellos en lugar de paredes
en lugar de rúas en lugar de xente
e neles
a miña face

a miña face e a idade e o tempo e todas as outras miñas vidas
e a miña face a miña face a miña face e a contemplación da miña á miña face sempre grotesca e sempre
desfasada



(ata a nova despedida ata)

(a nova volta)





No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Qué te parece?