martes, 12 de julio de 2016

TRES PAUSAS



  
pasan as cousas a golpes ou non pasan

e a satisfacción de saberse entretido
convertida dende hai tempo nun pulso
nunha loita persoal e a morte
é o único xeito de que o tempo xire
de que a vida rode


* * * * *


camiña un entre árbores e coas preguntas como roteiro

neste devagar nesta perda os pés están de máis

como pode palparse o chan no abismo
como pode lucir o sol
            e pegar tanto          
e mancar tanto


* * * * *


a fuxida en busca de exterioridade
actívase como un movemento mecánico
ao final dos días

é o mesmo comportamento que esta obcecación
por achar soidade
na escoita de voces alleas

outras conversas flúen agarimosas mentres os meus pés avanzan

¿conseguirase algún punto un oco unha caída 
capaz de esquivar todos os espellos?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Qué te parece?