viernes, 16 de marzo de 2012

La verdad es que ni siento publicar esto...

Di Gabriel Celaya
a poesía é unha arma cargada de
futuro.
Xamáis eu o chamaría desvergoñado
(puta vergoña a miña
admirando sempre en segredo),
pero
que fago eu?
(facemos, facemos)
Onde ubico eu
á poesía?
Poesía entre armas
e sen futuro?
Os nosos, claro,
(futuros)
se é que non están xa mortos
e nin nos decatamos.
Podería ser.
E
son, si, son egoísta,
e que queres que che conte se sinto
que en verdade amólame máis
o noso futuro có seu
(o da poesía)
e que se me gOsta
é PARA MIN,
tamén para vos se queredes,
pero non para ela.
Á poesía dálle igual 
seu
meu
noso
voso
FUTURO.
Ostia!
Non sei que clase de
dédeba
podería eu ter con ela,
poderíamos.
Se gOstamos dela pero
-ninsequera-
pretende facer nada por nós
máis que estar.
Nin vós por ela.

Caralluda a hipocresía!

Tampouco está por ela.
Está sen saber que está
ou mesmo sen estar
(coma futuro)
e sen saber.
Se cadra máis
aínda máis
morta que nós e
os nosos días.
E que clase de arma, foder, que clase de arma pides ti cando sobran?
Non me fodas Celaya, agora, non me fodas, mundo.
Sempre
máis, máis, máis, máis, mais mais mais mais mais maismiamamaisjmasoinfañofnpidbfdspoabfd.
Máis de quen? DE TI
DE NOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOS.
Cómesnos, cómeste, mundo! Comémonos!
E Celaya cómenos tamén!
Que futuro, futuro debería ser hoxe palabra esquecida,
debería ser HOXE e NON!
EU, aborrezo EU tabús!
Pero é que xa...
non.
É que xa chega un momento
que non é que dea igual
porque non da igual
e fode, e fode, e fode
sempre o mesmo,
pero un acostúmase e colle o vicio de estar
fodido
e unha especie de morbo a esa punzadiña que reconcome por dentro e vai soltando un zume transparente que abrasa e polo menos da un pouco de calor contrastando sempre co frío de fóra e se me estou invientando isto, pasa algo?
NÓS non amamos a poesía e si ás armas
e si ó futuro que non hai
e eu... eu 
NOOOOOOOOON.
Eu quería poesía pero hoxe non quero
e se estou a facer unha merda
pois entón impórtame outra merda.
Porque non quero escribir
por iso non mancho nomes 
(desculpa, Celaya, eras só unha metáfora)
e non escribo máis,
VOMITO
ou, mellor
defeco.
Máis orixinal, non si?
Que é merda, 
que xa o sei.
Longa e desagradable,
e uliría mal se fose tanxible
(mágoa)
coma as promesas
de paz e de futuro.
INSULTO.
E sen palabras xa... para que?
Se total aprenderon a limpalas
e non creo nada
se cada día nacen novos significados para
o mesmo.
MESMO non significa mesmo,
significaría adéus.
Porque se voaron os diccionarios...
ía dicir que voan as mentes,
que va!
Pero xa que non hai futuro
o collo
e se hai armas
as deixo.
Porque estou ata os collóns
de seguir.
Agora dou a volta,
que lles fodan ás liñas rectas,
e collo e odio e cuspo no que amo sabéndome amada
aída que non o sexa.
Non quero gustar
pero incluso
chamar a atención por desgusto
si,
pois que importa
se eu (estou) non son un mundo que
pide armas
nin quero tirar futuro?

1 comentario:

  1. Ostia. Incribe. ENCANTOUME, así a maiúsculas. E que é un berro, ou dous, ou tres. É a primeira vez que leo algo teu tan terriblemente visceral... e encántame. En serio. Encántame.

    ResponderEliminar

¿Qué te parece?